O xoves, 24, conmemoraremos o LI da Revoluçao dos Cravos que se celebra o 25 de avril en Portugal. Como ven sendo tradicional nos derradeiros anos, xuntaremonos na praza de Almeida do barrio vello vigués para cantar canticións populares portuguesas e rematar con Grândola, a mítica cantiga que supuxo o inicio do levantamento militar que rematou coa ditadura portuguesa.
2025/04/22
2025/04/21
X Festival de Música Tradicional de Forcarei
O sábado, 26 de abril, ás 18.00 horas, organizado pola Banda de Gaitas de Forcarei, no Auditorio de Soutelo de Montes O X Festival de Música Tradicional de Forcarei estará dedicado ao grupo de gaitas "O Arco de Merza".
No festival participarán, tamén, o grupo Lus de Keikoa Pandeireteiras , o grupo de baile ‘Arroases do Fiadeiro’ e o ‘Orfeón Mariñeiro do Berbés’. O acto estará presentado por Aurora Cañizares Malagón.2025/03/15
Concerto Reconquista 2025
O venres, 28 de marzo, Día da Reconquista, o Orfeón Mariñeiro do Berbés actuará na Porta do Sol de Vigo partir das 12:30 horas.
O concerto será dunha hora de duración, no que interpretará cantigas do repertorio popular galego e portugués, Serán cantigas para quen queira bailar o faga e para quen queira cantar connosco que tamén cante.
É un día para sacar do baúl a vestimenta tradicional e participar na festa que encherá as rúas do barrio vello de música, artesanía e gastronomía popular.
2025/01/26
8º Concerto solidario: por eles e por elas
O venres, 7 de febreiro, ás oito da tarde, o Orfeón mariñeiro do Berbés participará no 8º Concerto solidario: por eles e por elas, no Teatro Afundación (antes Teatro García Barbón). O concerto está oganizado por SUEVIA: gestión de riesgos y seguros en beneficio de Stop leucemia: Fundación contra el cáncer hematológico.
No concerto participarán: Guadi Galego, Os carunchos, Ardentía e o Orfeón,
As entradas poden mercarse n' Ataquilla
2024/11/13
Outono músical Valadares
O sábado, 16 de novembro, ás 20:00 horas, o Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto no Centro Veciñal e Cultural de Valadares, no ciclo Outono músical.
Para chegardes, pulsar no enlace2024/10/26
Samaín 2024
O xoves, 31 de outubro, víspera de Santos, participaremos na celebración do Samaín que organiza a Asociación Cultural e Veciñal do Casco Vello na praza dos Ratos, na contorna do Berbés. Cantaremos a partir das 21.00 horas cantigas do noso repertorio popular.
2024/04/21
50 anos do 25 de abril. Cantámoslle á Revoluçao do Cravos
O Orfeón Mariñeiro do Berbés da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, celebra o cincuentenario da revolución portuguesa co acto "50 anos do 25 de abril. Cantámoslle á Revoluçao do Cravos" o xoves, 25 de abril, ás 20.30 horas, na praza de Almeida, do barrio vello de Vigo.
Cantaremos unha parte do noso repertorio de música popular portuguesa e remataremos o acto cantando Grândola Vila Morena, a cantiga de Zeca Afonso que serviu de sinal para o inicio da revolución.