2023/12/20

Cantar a Nación

 Co gallo da celebración do 116 aniversario da estrea do Himno Galego, celébranse por toda Galiza actos de conmemoración da efeméride. En Vigo, ás oito da tarde do 20 de decembro, no Auditorio do Mar de Vigo. Para chegares sen perderte, aquí tes o mapa.

No acto cantarán os grupos Cantares do Brión e o Orfeón Mariñeiro do Berbés interpretando cantigas dos seus repertorios e rematará coa interpretación conxunta do Himno Galego.



2023/06/16

X Festival Augas de Maio

 O sábado, 17 de xuño, ás 19.00 horas, o Orfeón Mariñeiro do Berbés participará como convidado no X Festival Augas de Maio que organiza a Asociación Veciñal de Candeán. Para chegares, preme no enlace



2023/05/16

XVIII Feira Tradicional de Artesanía “Arte na Illa”

O domingo 21 de maio, ás sete da tarde, o Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto na XVIII Feira Tradicional de Artesanía “Arte na Illa”, que organiza dende 2004 a Asociación Folclórica e Cultural Meiramar-Axóuxeres.