2024/04/21

50 anos do 25 de abril. Cantámoslle á Revoluçao do Cravos

O Orfeón Mariñeiro do Berbés da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, celebra o cincuentenario da revolución portuguesa co acto "50 anos do 25 de abril. Cantámoslle á Revoluçao do Cravos" o xoves, 25 de abril, ás 20.30 horas, na praza de Almeida, do barrio vello de Vigo.

Cantaremos unha parte do noso repertorio de música popular portuguesa e remataremos o acto cantando Grândola Vila Morena, a cantiga de Zeca Afonso que serviu de sinal para o inicio da revolución.



 


2024/01/23

Ao Son das Illas Cíes

 O domingo, 4 de febreiro, participaremos, xunto a outras corais, no primeiro dos concertos "Ao Son das Illas Cíes", organizado por ACOPOVI e que se cecebrará no Teatro Afundación (antes García Barbón).


Coros participantes e repertorio