Grupo de canto tradicional e de taberna, do que forman parte máis de cincoenta mulleres e homes, dende os 20 ate os 80 e máis anos, creado pola Asociación Veciñal e Cultura Casco Vello de Vigo para manter e recuperar a canción tradicional moi popular nas prazas e bares do barrio mariñeiro do Berbés
O sábado, 17 de xuño, ás 19.00 horas, o Orfeón Mariñeiro do Berbés participará como convidado no X Festival Augas de Maio que organiza a Asociación Veciñal de Candeán. Para chegares, preme no enlace