Grupo de canto tradicional e de taberna, do que forman parte máis de cincoenta mulleres e homes, dende os 20 ate os 80 e máis anos, creado pola Asociación Veciñal e Cultura Casco Vello de Vigo para manter e recuperar a canción tradicional moi popular nas prazas e bares do barrio mariñeiro do Berbés
O domingo, 20 de novembro, logo do pregón e convidados pola Asociación Cultural O Coto, o Orfeón Mariñeiro do Berbés compartirá e cantará cantigas tradicionais da Galiza, Portugal e Euskadi