2026/04/17

Grândola. LII Aniversario da Revolução dos Cravos

 O xoves, 23, conmemoraremos o LII Aniversario da Revolução dos Cravos. Un 25 de avril de 1974, os portugueses remataron co "Estado Novo" de Salazar e comezaron un periodo democrático en Portugal. 
Xuntaremonos un ano máis, na praza de Almeida do barrio vello vigués para cantar cancións populares portuguesas e rematar con Grândola Vila Morena, a cantiga que supuxo o inicio do levantamento militar que rematou coa ditadura portuguesa. Esta canción foi estreada polo Zeca Afonso en Compostela, no concerto do Burgo da Nacións do dez de maio de 1972.



 


 


 

 

2026/03/26

Reconquista da Vila de Vigo 2026

 O sábado, 28 de marzo, ás 21:30 horas, no Torreiro Central, na Porta do Sol, concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés e Ardentía




 

2026/03/04

8M Día da muller. Herdeiras do sal

O 7 de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller cun acto onde se fará entrega do premio " María a das Mil Flores"  a Estrella Cortegoso, a primeira mariñeira a flote da Confraría de Arcade, o Concello de Soutomaior convida ao Orfeón mariñerio do Berbés para cantarlle ás mulleres e ao mar baixo o título Herdeira do Sal.

O acto celebrarase o sábado, 7 de marzo, ás 20:30 horas no Multiusos de Arcade