O sábado, 24 de outubro, ás 20:30 hs, convidados pola Asociación Cultural Aimil Folc, cantaremos na igrexa vella de Santa María da Limia, en Xinzo de Limia
O noso repertoriao será o seguinte:
- Foliada de Carril (Bernardo del Río, Crisanto Sanmartín).
- Cantigas de mariñeiros (Recollidas no "Cancionero Gallego" de Jesús Bal y Gay. Arranxos Luis Prego)
- Ruada Mariñeira (Adolfo Anta Seoane).
- A roupa do marinheiro (Popular da Região do Minho, Portugal).
- Ribeirana de Vigo (Popular).
Pola súa parte, o Coro Aimil interpretará:
- Foliada de Vilaxoán (Manuel Rey Pose, Bernardo del Río Parada)
- Foliada de Santo Tirso (Recollida por Cesár Santamaría do reportorio clásico do Coro Cántigas da Terra)
- Pandeirada de Falván (Manuel de Dios Martínez, do repertorio clásico da Coral de Ruada)
- Mozo de sombreiro gacho (Ángel Teijero Ferreiro, do repertorio do Real Coro Toxos e Froles)
- Ven bailar Carmiña / Ai, Maruxiña (Populares con arranxos de Fernando Dopico Blanco)
O concerto rematará cos dous coros cantando xuntos a Foliada de Corrubedo (Tradicional galega do repertorio do Real Coro Toxos e Froles)







