O domingo, 20 de novembro, logo do pregón e convidados pola Asociación Cultural O Coto, o Orfeón Mariñeiro do Berbés compartirá e cantará cantigas tradicionais da Galiza, Portugal e Euskadi
2022/11/10
2022/10/29
Festa do Polbo no Casco Vello de Vigo
O domingo, 30 de outubro, a partir das doce, estaremos na Festa do Polbo, organizada pola Asociación veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo.
2022/04/21
Concerto San Miguel de Oia
O domingo, 24 de abril, ás sete e medio do serán, no auditorio da Asociación de San Miguel de Oia, compartiremos unha parte do noso repertorio de cantigas populares galegas e portuguesas.
Vinde cantar connosco
Para chegares, deixámosche o mapa
2022/03/21
Concerto Reconquista 2022
O domingo, 27 de marzo, ás 12.00 horas, na explanada do Náutico (Torreiro principal da Festa), concerto do Orfeón. Repasaremos o repertorio que poderemos cantar totas e todos xuntos.
2022/01/28
Concertos no Torreiro de Priegue
O domingo, 30 de xaneiro de 2022, ás sete da tarde, no Centro Cultural O Torreiro de Priegue, compartiremos as primeiras cantigas coa xente, respectando as obrigas e recomendacións derivadas da situación da covid.