2019/07/13

Música nas velas na Guarda

Dentro das actividades do XIV Encontro de embarcacións tradicionais que se está a celebrar na Guarda, na medianoite do sábado, 13 de xullo, o Orfeón Mariñeiro do Berbés presenta o seu espectáculo Música  nas velas.
O espectáculo representa a vida mariñeira a través das súas cantigas, traballos e celebracións. O traballo das mulleres coas redes no peirao ou na conserveira, o encontro dos mariñeiros polos portos de todos os mares nas súas tabernas, as celebracións festivas das xentes do mar, e moito máis.