2023/12/20

Cantar a Nación

 Co gallo da celebración do 116 aniversario da estrea do Himno Galego, celébranse por toda Galiza actos de conmemoración da efeméride. En Vigo, ás oito da tarde do 20 de decembro, no Auditorio do Mar de Vigo. Para chegares sen perderte, aquí tes o mapa.

No acto cantarán os grupos Cantares do Brión e o Orfeón Mariñeiro do Berbés interpretando cantigas dos seus repertorios e rematará coa interpretación conxunta do Himno Galego.