2024/11/13

Outono músical Valadares

  O sábado, 16 de novembro, ás 20:00 horas, o Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto no Centro Veciñal e Cultural de Valadares, no ciclo Outono músical.

Para chegardes, pulsar no enlace



2024/10/26

Samaín 2024

 O xoves, 31 de outubro, víspera de Santos, participaremos na celebración do Samaín que organiza a Asociación Cultural e Veciñal do Casco Vello na praza dos Ratos, na contorna do Berbés. Cantaremos a partir das 21.00 horas cantigas do noso repertorio popular.



2024/04/21

50 anos do 25 de abril. Cantámoslle á Revoluçao do Cravos

O Orfeón Mariñeiro do Berbés da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, celebra o cincuentenario da revolución portuguesa co acto "50 anos do 25 de abril. Cantámoslle á Revoluçao do Cravos" o xoves, 25 de abril, ás 20.30 horas, na praza de Almeida, do barrio vello de Vigo.

Cantaremos unha parte do noso repertorio de música popular portuguesa e remataremos o acto cantando Grândola Vila Morena, a cantiga de Zeca Afonso que serviu de sinal para o inicio da revolución.



 


2024/01/23

Ao Son das Illas Cíes

 O domingo, 4 de febreiro, participaremos, xunto a outras corais, no primeiro dos concertos "Ao Son das Illas Cíes", organizado por ACOPOVI e que se cecebrará no Teatro Afundación (antes García Barbón).


Coros participantes e repertorio