2025/07/21

XXXIV Festa do Monte

 O domingo, 3 de agosto, celebrarase a XXXIV Festa do Monte no Parque Forestal de Beade, organizada pola Comunidade de Montes en Man Común de Beade. A festa comezará ás once da mañá e contará con actividades e música durante toda a xornada. A programación pódese ver no cartel que acompaña esta nova.

A actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés será, segundo a programa, ás 19:30 horas 


 

2025/04/22

Grândola na praza de Almeida

 O xoves, 24, conmemoraremos o LI da Revoluçao dos Cravos que se celebra o 25 de avril en Portugal. Como ven sendo tradicional nos derradeiros anos, xuntaremonos na praza de Almeida do barrio vello vigués para cantar canticións populares portuguesas e rematar con Grândola, a mítica cantiga que supuxo o inicio do levantamento militar que rematou  coa ditadura portuguesa.


 

2025/04/21

X Festival de Música Tradicional de Forcarei

 O sábado, 26 de abril, ás 18.00 horas, organizado pola Banda de Gaitas de Forcarei, no Auditorio de Soutelo de Montes O X Festival de Música Tradicional de Forcarei estará dedicado ao grupo de gaitas "O Arco de Merza".

  No festival participarán, tamén, o grupo Lus de Keikoa Pandeireteiras , o grupo de baile ‘Arroases do Fiadeiro’  e o ‘Orfeón Mariñeiro do Berbés’. O acto estará presentado por Aurora Cañizares Malagón.


 

2025/03/15

Concerto Reconquista 2025

O venres, 28 de marzo, Día da Reconquista, o Orfeón Mariñeiro do Berbés actuará na Porta do Sol de Vigo partir das 12:30 horas.

O concerto será dunha hora de duración, no que interpretará cantigas do repertorio popular galego e portugués, Serán cantigas para quen queira bailar o faga e para quen queira cantar connosco que tamén cante.

É un día para sacar do baúl a vestimenta tradicional e participar na festa que encherá as rúas do barrio vello de música, artesanía e gastronomía popular.


 

2025/01/26

8º Concerto solidario: por eles e por elas

 

O venres, 7 de febreiro, ás oito da tarde, o Orfeón mariñeiro do Berbés participará no 8º Concerto solidario: por eles e por elas, no Teatro Afundación (antes Teatro García Barbón). O concerto está oganizado por SUEVIA: gestión de riesgos y seguros en beneficio de Stop leucemia: Fundación contra el cáncer hematológico.

No concerto participarán: Guadi Galego, Os carunchos, Ardentía e o Orfeón,

As entradas poden mercarse n' Ataquilla