O xoves, 24, conmemoraremos o LI da Revoluçao dos Cravos que se celebra o 25 de avril en Portugal. Como ven sendo tradicional nos derradeiros anos, xuntaremonos na praza de Almeida do barrio vello vigués para cantar canticións populares portuguesas e rematar con Grândola, a mítica cantiga que supuxo o inicio do levantamento militar que rematou coa ditadura portuguesa.
2025/04/22
2025/04/21
X Festival de Música Tradicional de Forcarei
O sábado, 26 de abril, ás 18.00 horas, organizado pola Banda de Gaitas de Forcarei, no Auditorio de Soutelo de Montes O X Festival de Música Tradicional de Forcarei estará dedicado ao grupo de gaitas "O Arco de Merza".
No festival participarán, tamén, o grupo Lus de Keikoa Pandeireteiras , o grupo de baile ‘Arroases do Fiadeiro’ e o ‘Orfeón Mariñeiro do Berbés’. O acto estará presentado por Aurora Cañizares Malagón.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)