Grupo de canto tradicional e de taberna, do que forman parte máis de cincoenta mulleres e homes, dende os 20 ate os 80 e máis anos, creado pola Asociación Veciñal e Cultura Casco Vello de Vigo para manter e recuperar a canción tradicional moi popular nas prazas e bares do barrio mariñeiro do Berbés
O domingo, 30 de xaneiro de 2022, ás sete da tarde, no Centro Cultural O Torreiro de Priegue, compartiremos as primeiras cantigas coa xente, respectando as obrigas e recomendacións derivadas da situación da covid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario