2026/09/27

Concerto de Outono

O sábado, 10 de outubro, ás sete da tarde, celebrarase o Concerto de Outono, no auditorio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de San Miguel de Oia. No concerto coral participarán o Coro sénior do campus de Vigo e o Orfeón Mariñeiro do Berbés.

Durante o concerto realizarase unha ceremonia de renovación de votos dunha parella que canta en ámbolos coros. Quen serán os que celebran as súas vodas de ouro? 

O Coro sénior será o primeiro en intervir e interpretará o seguinte repertorio: 

  • Canticorum
  •  Está terra
  •  Peixiño de cristal
  •  Prende salgueiriño 
  •  Cançao do mar
  •  Lela

Pola súa parte o Orfeón cantará as seguintes cantigas:

  •  Alalá de Muxía
  •  Muller miña
  •  Foliada de Corrubedo
  •  Foliada de Cerdedo
  •  A roupa do mariñeiro
  •  Laurendinha



2026/09/18

III Festival das linguas e as culturas

O sábado, 26 de setembro, na praza do Berbés de Vigo, celébrase o III Festival das linguas e as culturas, organizado polo Instituto de Investigación Lingua (iLingua) da Universidade de Vigo. Dende as once da mañá e durante todo o día celebraranse obradoiros, talleres, relatorios, bailes e música. Haberá ademais comida para gozar dun día de encontro e convivencia entre as persoas participantes. 

O festival conta coa colaboración de embaixadas, institucións culturais, e asociacións diversas. Entrelas o Orfeón mariñeiro do Berbés que ofrecerá unha actuación musical ao inicio da tarde, arredor das 15:00 horas.

O programa completo pódese ver  aquí