2013/05/06

2013/04/19

Concerto Orfeón

O domingo, 28 de abril, ás 19:30 no auditorio do Teatro García Barbón (agora Novagaliciabanco), entrada pola rúa Marqués de Valladares, o Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto para presentarse diante do público.
As invitacións, ata completar o aforo, poden solicitarse na AVC Casco Vello, na rúa Oliva 12, de luns a venres, e das 11:00 ás 13:30, e das 16:30 ás 19:30 horas. 



2013/04/17

2013/01/21

N'A Revista da Galega

O domingo emitíuse no programa A Revista da TVG un vídeo que contén as entrevistas que lles fixeron aos compañeiros do Orfeón Loli e Pucho, e tamén ao director Luís Prego. Aquí volo deixamos

2013/01/20

Canción mariñeira

Compromiso coa canción mariñeira, tabernaria e tradicional son as condicións, non sempre xuntas, que deben cumprir os temas para formar parte do repertorio do Orfeón. Así se manifestaba o noso director, Luís Prego, na entrevista que o pasdo 10 de xaneiro publicaba  La Voz de Galicia.