Grupo de canto tradicional e de taberna, do que forman parte máis de cincoenta mulleres e homes, dende os 20 ate os 80 e máis anos, creado pola Asociación Veciñal e Cultura Casco Vello de Vigo para manter e recuperar a canción tradicional moi popular nas prazas e bares do barrio mariñeiro do Berbés
Compromiso coa canción mariñeira, tabernaria e tradicional son as condicións, non sempre xuntas, que deben cumprir os temas para formar parte do repertorio do Orfeón. Así se manifestaba o noso director, Luís Prego, na entrevista que o pasdo 10 de xaneiro publicaba La Voz de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario