O sábado, 26 de setembro, na praza do Berbés de Vigo, celébrase o
III Festival das linguas e as culturas, organizado polo
Instituto de Investigación Lingua (iLingua) da Universidade de Vigo. Dende as once da mañá e durante todo o día celebraranse obradoiros, talleres, relatorios, bailes e música. Haberá ademais comida para gozar dun día de encontro e convivencia entre as persoas participantes.
O festival conta coa colaboración de embaixadas, institucións culturais, e asociacións diversas. Entrelas o Orfeón mariñeiro do Berbés que ofrecerá unha actuación musical ao inicio da tarde, arredor das 15:00 horas.
O programa completo pódese ver aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario