2014/06/26

No Farol de Montedor

O domingo, 22 de xuño, boa parte das xentes que formamos parte do Orfeón Mariñeiro do Berbés, participamos nunha viaxe para coñecer o Farol de Montedor que tantas veces cantamos.
Alí,  asistimos ás explicacións que o persoal de servizo no farol nos deron sobre o seu funcionamento, historia e características. Quedámoslle recoñecidos pola información, amabilidade e mellor disposición.
Xa que no Farol de Montedor estabamos, aproveitamos para cantarlle. compartimos o vídeo que alí gravou o noso amigo, Xosé Lois Pais.

2014/05/07

40 aniversario Coral de Valladares

Convidados polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares que neste mes de maio celebra o 40º aniversario da Coral, participaremos no concerto do día 24, ás 19:00 horas, compartindo palco coa Coral Ruada de Ourense.
A entrada é libre e gratuíta, polo que vos animamos a participar neste e nos demais concertos que teñen progrmados para celebrar este aniversario.

2014/05/06

25 de abril

O 24 de abril, víspera do Día da Liberdade, no que a cidadanía portuguesa conmemora o seu 25 de avril, o Orfeón Maariñeiro do Berbés quixo celebralo cantando cun pequeno concerto na praza de Almeida, ao carón da Casa de Arines que alberga ao Instituto Camões. 
Deixámosvos uns vídeos dalgunhas das cancións que cantamos.







2013/10/05

Outonos de mar e terra

Co patrocinio do Concello de Vigo, Outonos de mar e terra, é a denominción común para os concertos que Orfeón Mariñeiro do Berbés  ofrecerá nas vindeiras datas, coa organización da AVC Casco Vello, a VCD Lavadores, e a Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas.
Os concertos celebraránse nas seguintes datas e lugares:

  • 10 outubro, ás 20.30 horas, na praza da Constitución
  • 27 outubro, ás 18.00 horas, na ACD Lavadores (Avda Ramón Nieto 302)
  • 30 novembro, ás 20.00 horas,  XV  Concerto de Corais  de Canción Mariñeira en Bouzas, no IES Audiovisuais (rúa Eduardo Cabello)

2013/05/06