Orfeón Mariñeiro do Berbés: "Ribeirana"
Veciños e veciñas do Casco Vello de Vigo, herdeiros do espíritu das cancións das tabernas do barrio mariñeiro. Así soa o Orfeón Mariñeiro do Berbés.
Posted by LUAR (Páxina oficial) on Martes, 15 de Marzo de 2016
2016/03/15
Presentación do primeiro traballo discográfico
Compartimos un vídeo da nosa participación, o pasado 11 de marzo, no programa Luar da CRTVG, no que presentamos o noso primeiro traballo discográfico
2016/02/24
Convidados por Cantares do Brión, compartiremos concerto no Auditorio do Centro Cultural de Vincios (Gondomar) o 19 de marzo, ás oito da tarde
2016/01/25
2016/01/15
Disco CD Orfeón Mariñeiro do Berbés
Xa está a venta o primeiro CD do Orfeón.
Pódese mercar, polo prez de 10 €, no local da AVC Casco Vello de Vigo, rúa Cánovas del Castillo 2, baixo
2014/06/26
No Farol de Montedor
O domingo, 22 de xuño, boa parte das xentes que formamos parte do Orfeón Mariñeiro do Berbés, participamos nunha viaxe para coñecer o Farol de Montedor que tantas veces cantamos.
Alí, asistimos ás explicacións que o persoal de servizo no farol nos deron sobre o seu funcionamento, historia e características. Quedámoslle recoñecidos pola información, amabilidade e mellor disposición.
Xa que no Farol de Montedor estabamos, aproveitamos para cantarlle. compartimos o vídeo que alí gravou o noso amigo, Xosé Lois Pais.

2014/05/07
40 aniversario Coral de Valladares
Convidados polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares que neste mes de maio celebra o 40º aniversario da Coral, participaremos no concerto do día 24, ás 19:00 horas, compartindo palco coa Coral Ruada de Ourense.
A entrada é libre e gratuíta, polo que vos animamos a participar neste e nos demais concertos que teñen progrmados para celebrar este aniversario.
A entrada é libre e gratuíta, polo que vos animamos a participar neste e nos demais concertos que teñen progrmados para celebrar este aniversario.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)