2019/06/08

O domingo 16, o espéctaculo músical e mariñeiro "Música nas velas" chega a Baiona co Orfeón Mariñeiro do Berbés dirixido por Luis Prego Fernández e pilotado por Xurxo Souto.
Dende o 8 de xuño e ata o 7 de xullo, poderase gozar da exposición do fotógrafo Xurxo Lobato "Vento nas velas"


2019/05/24

Música nas velas na Illa de Arousa

O espectáculo Música nas Velas  chega a Illa de Arousa da man do Orfeón Mariñeiro do Berbés e Xurxo Souto. O concerto celebrarase no Auditorio Municipal o 6 de xuño, ás nove da tarde.
A exposición de Xurxo Lobato "Vento nas velas" estará instalada, dende o 11 maio ao 7 de xuño de 2019, no Paseo marítimo de O Campo



2019/04/14

Musica nas velas en Bueu

A música do Orfeón Mariñeiro do Berbés e Xurxo Souto acompañarán a exposición de Xurxo Lobato "Vento nas velas" que xa está instalada en Bueu.

O concerto será o domingo de Pascua, 21 de abril, ás 20:00h na praza Massó


2019/03/23

Vento nas velas

A música do Orfeón Mariñeiro do Berbés e Xurxo Souto acompañarán a exposición de Xurxo Lobato "Vento nas velas" que xa está instalada en Combarro.

O concerto será o sábado, 6 de abril, ás 20:30h na Praza da Chousa



2016/11/22

O Orfeón no Culturgal

O domingo, 4 de decemebro, ás 12.45h estaremos no Pazo da Cultura de Pontevedra, na Culturgal 2016, a feira das industrias culturais.
Unha magnifica oportunidade para acercarte a Boa Vila e coñecer o que se esta cocendo en Galicia no mundo editorial, teatral, musical, artístico ...

2016/04/10

Montañeiros galegos x Nepal


Convidados polo clube de montañismo Peña Trevinca, o 24 de abril, ás seis e media da tarde, no Teatro Principal (rúa Nova 21), en Santiago de Compostela, participaremos na festa de remate da  Ascensión Solidaria ao Everest (ver programa de actividades). Esta campaña solidaria, organizada polos Montañeiros Galegos polo Nepal, ten como obxectivo recadar fondos para SOS Himalaya Fundación Iñaki Ochoa de Olza, cando se cumpre un ano do terremoto ocorrido no distrito de Lamjun ao noroeste de Katmandú