2022/11/10

XXXV Festa do Cabazo

 O domingo, 20 de novembro, logo do pregón e convidados pola Asociación Cultural O Coto, o Orfeón Mariñeiro do Berbés compartirá e cantará cantigas tradicionais da Galiza, Portugal e Euskadi



2022/10/29

Festa do Polbo no Casco Vello de Vigo

 O domingo, 30 de outubro, a partir das doce, estaremos na Festa do Polbo, organizada pola Asociación veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo. 



2022/04/21

Concerto San Miguel de Oia

O domingo, 24 de abril, ás sete e medio do serán, no auditorio da Asociación de San Miguel de Oia, compartiremos unha parte do noso repertorio de cantigas populares galegas e portuguesas. 

Vinde cantar connosco


Para chegares, deixámosche o mapa


2022/03/21

Concerto Reconquista 2022

 O domingo, 27 de marzo, ás 12.00 horas, na explanada do Náutico (Torreiro principal da Festa), concerto do Orfeón. Repasaremos o repertorio que poderemos cantar totas e todos xuntos.



2022/01/28

Concertos no Torreiro de Priegue

 O domingo, 30 de xaneiro de 2022, ás sete da tarde, no Centro Cultural O Torreiro de Priegue, compartiremos as primeiras cantigas coa xente, respectando as obrigas e recomendacións derivadas da situación da covid.



2021/09/10

 O sábado, 18 de setembro, a partir das oito da tarde estaremos cantando na Gala da 

Reconquista da Vila de Vigo 

no Teatro a Fundación (García Barbón).

Máis información:



2019/11/20

Cantares de Outono

O domingo 24 de novembro, ás 18.30 horas, no Centro Social de Mondariz, acompañaremos ao coro Agarimos da Terra na celebración do encontro de música tradicional galega "Cantares de Outono"